Os Martín Códax premian a pluralidade da escena musical galega de hoxe

Guadi Galego, Músculo!, Xabier Díaz ou Najla Shami, entre as premiadas na VII edición.

Premios Martin Codax 2020
photo_camera Premios Martin Codax 2020 (Foto: Martín Códax)

Máis de 570 inscricións xa permitían apontar a que esta edición, a VII, dos Premios Martín Códax da Música ían ser unha boa radiografía do que se coce actualmente nese escenario tan plural e diverso que é a musica que se fai na Galiza.

Deses centos de inscricións escolléronse 60 finalistas e na noitiña desta cuarta feira a organización, nunha gala adecuada a estes tempos de pandemia, deu a coñecer os nomes.

Silvia Penide foi a gañadora na cateoría de Canción de Autor. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na de Música Tradicional; Agoraphobia na de Rock;  Gaudi Galego en Pop/Indie; Magín Blanco en Música Infantil e Carla Green & The Demons no apartado de Blues, funk e soul.

Caldo foi vencedor no apartado de música electrónica e Músculo! en electrónica. Na categoría de reggae, ska e mestizaxe o galardón caeu en High Paw & Elephants Yard.

Taller Atlántico Contemporáneo é gañador no apartado de música clásicae contemporánea; Manuel Gutiérrez Trío en Jazz e músicas improvisadas. No apartado de Metal foi Broa o vencedor e no d Músicas do Mundo, Najla Shami.

América de Vigo e Banda de Merza foron as gañadoras na categoría de música de verbenas e música popular, respectivamente.

A mellor sala? O Náutico do Grove O mellor festival? O Agrocuir da Ulloa e o mellor proxecto de comunicación e difusión musical? Músicas Galegas Ilustradas,

A VII edición dos Premios Martín Códax da Música Galega dedicará o seu galardón honorífico en recoñecemento á traxectoria e comprometida traxectoria da artista María Manuela.

Ánxela Baltar, integrante da formación BALA; Xosé Miguélez, saxofonista de jazz e mestre de música tradicional; Belén Regueira, xornalista cultural; Julio Gómez, promotor musical, xestor cultural e director do Festival Sin Sal; e Patricia Cupeiro, docente e investigadora musical, ademais de xestora cultural, conformaron o xurado neste ano 2020.

Comentarios