CULTURA

Os Premios Martín Códax da Música Galega recoñecen a traxectoria de María Manuela

A artista ferrolá recibirá o premio honorífico outorgado pola asocición Músicas ao Vivo na gala que terá lugar en outubro.
A artista María Manuela (Premios Martín Códax).
photo_camera A artista María Manuela (Premios Martín Códax).

A VII edición dos Premios Martín Códax da Música Galega dedicará o seu galardón honorífico en recoñecemento á traxectoria e comprometida traxectoria da artista María Manuela.

Así o decidiu a asociación Músicas ao Vivo, que a cualificou como "unha muller especial, querida e admirada por todo o que representa" no panorama cultural e a súa "fortísima pegada" na música en galego.

A artista, criada no barrio ferrolán de Recimil, protagonizou unha longa carreira en solitario e como parte do dúo María Manuela e Miguel, "referentes da canción protesta" ao pór música aos textos das poetas máis recoñecidas da Galiza.

En 1999 publicou o seu último traballo en solitario Para Miguel, dedicado ao seu compañeiro, e desde entón colabora con diversos proxectos musicais e audiovisuais.

A entraga dos galardóns decorrerá en outubro. Presentadas as candidaturas para esta edición, as socias e socios de Músicas ao Vivo deciden cal será o proxecto premiado en cada unha das vinte categorías diferentes.

Comentarios