A xunta directiva da agrupación “anunciou o pasado decembro a súa intención de prescindir das tradicionais figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos debido ás decisións empresariais e ás declaracións ao respecto da acción sindical da actual dirección do grupo”, indica un comunicado da Asociación de Actores e Actrices.
Desde a defenestración de Isaac Díaz Pardo hai xa 12 anos, a compañía Sargadelos adoptou unha serie de decisións que, ao ver de propios e estraños, a separaron dos seu espírito orixinario, galeguista, preocupado pola cultura e vencellado á tradición republciana e do exilio.
“Con esta decisión iníciase unha nova etapa dos Premios María Casares”, indican desde a organización dos mesmos. A gala de entrega será o vindeiro xoves 21 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.