Os Premios Follas Novas preseleccionan 80 títulos

Os Premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías da Galiza (FLG), finalizou a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados durante 2022. Un total de 80 obras foron as seleccionadas para optar a gañar un galardón en 13 categorías.
Carlos Callón. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O libro de Carlos Callón está preseleccionado en dúas categorías. (Foto: Nós Diario)

Os Premios Follas Novas do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías da Galiza (FLG), finalizou a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados durante 2022. 

Os premios resolveranse na gala de entrega que terá lugar no vindeiro mes de abril. En total, oitenta títulos forman parte desta primeira selección, coma un espello do "bo momento creativo" do sector do libro galego. 

Na primeira fase dos premios, a selección foi realizada polos asociados e asociadas dos colectivos organizadores para que, agora, un xurado formado con persoas de prestixio procedentes do sector do libro escolla as finalistas e as gañadoras en cada unha das trece candidaturas destes galardóns que repasan a actividade literaria e editorial do ano 2022. 

Unha vez finalizada esta primeira fase de selección, a mediados do mes de marzo daranse a coñecer os tres finalistas en cada unha das categorías. O 22 de abril, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar a gala na que se darán a coñecer os gañadores e as gañadoras desta edición. 

Os Premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran e recoñecen o traballo de todos os sectores do mundo do libro, están organizados co patrocinio da Xunta da Galiza, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e o Centro Español de Dereitos Reprográficos.

Os galardóns divídense en 13 categorías, con nomeados como O libro negro da lingua galega de Carlos Callón (que recunca en dúas categorías: obra de ensaio e investigación e obra de divulgación), A nación dos mil viños de Martiño Santos e Xosé Gontá, Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez, Pequena historia de Vigo de Pedro Feixoo e Xosé Tomás, ou a Libraría Cartabón.

Comentarios