Palmarés

Os premios do Curtocircuíto recoñecen os cineastas galegos máis vangardistas

O Festival Internacional de Cine Curtocuíto botou o feche até o ano que vén cun acto de clausura en que se entregaron os premios. Borja Satomé, Alberto Vázquez e Alberte Pagán foron algúns dos directores que viron recoñecido o seu traballo.

Curtocircuito
photo_camera [Imaxe: Curtocircuito]

Compostela despediuse do Curtocircuíto até 2017. Fíxoo o pasado domingo á noite cun acto de clausura en que foron premiados os traballos dalgúns dos cineastas galegos máis vangardistas. Así, Rueda cabeza, de Borja Santomé, resultou a gañadora da categoría Planeta GZ, en que Where is the jungle?, de Iván Castiñeiras, levou unha mención. Aliás, a curta de Castiñeiras foi galardoada co premio outorgado pola Asociación de Directores e Realizadores de Galiza CREA.

O premio AGAG foi parar a Decorado, do coruñés Alberto Vázquez, e a mención recaeu en Tout le mond aime le bord de la mer, de Keina Espiñeira. Ademais, Alberte Pagán obtivo unha mención do xurado da asociación de críticos Camira por A fundamental error.

Explora e Radar

Na sección oficial, no que ten a ver coa categoría Explora, a dedicada a filmes experimentais, resultou galardoado James N. Kuntiz por B-roll with Andre e Gerhard Treml e Leo Calice obtiveron unha mención por Eden’s edge, fita que recibiu o premio de Camira.

A respeito de Radar, categoría de traballos máis narrativas, o premio recaeu en Mark Rappaport por Boy who cried e a mención, en Notre heritage, de Jonathan Vinel e Caroline Poggi. Esta última película recibiu tamén unha mención do Xurado Novo.

Penínsulas

Na categoría Penínsulas, creada nesta edición para acoller curtas realizadas no Estado español, resultou gañadora La disco resplandece, de Chema García Ibarra. Este premio califica automaticamente a película para ser seleccionada na categoría de curtametraxes dos premios Goya.

Aliás, o premio do Xurado Novo foi para Vintage Print, de Siegfried A. Fruhauf e o Criaturas recaeu en Moroshka, de Polina Minchenok.

No acto de clausura desta edición, unha das máis existosas do certame, segundo a organización, recoñeceuse o traballo do galego Chema Prado

No acto de clausura desta edición, unha das máis existosas do certame, segundo a organización, recoñeceuse o traballo do galego Chema Prado á fronte da Filmoteca Española polo seu labor en defensa da conservación e recuperación do patrimonio audiovisual.

Comentarios