Os premios AELG 2015 xa teñen finalistas: 31 obras compiten nas oito categorías

As gañadoras da 16º edición do concurso daránse a coñecer o día 9 de maio na Gala das Letras no Círculo de las Artes de Lugo.


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de anunciar os candidatos finalistas da 16º edición do seu premio anual. Os asociados seleccionaron 31 obras que competirán polo galardón á mellor obra publicada en 2014.

O premio consta de oito categorías: poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. As gañadoras daránse a coñecer o día 9 de maio durante a Gala das Letras, que terá lugar no Círculo de las Artes do concello de Lugo. 

Alén das modalidades oficiais, a AELG concederá tres galardóns xa anunciados. O Colexio Profesional de Xornalista de Galicia e a Asociación de medios en Galego recibirán o premio adicado a ‘Institucións Culturais’. 

O escritor brasileiro Luiz Ruffato recibirá o premio ao ‘Escritor Galego Universal'

Tamén haberá unha segunda edición do premio ‘Mestres e Mestras da Memoria’, que este ano recoñecerá a traxectoria de Josefa Arias e Emilio do Pando “por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional”, segundo refire a asociación en nota de prensa.

O gañador do premio ‘Escritor Galego Universal’ recaerá sobre Luiz Ruffato. O escritor brasileiro únese a unha listaxe de autoras destacadas pola súa excelencia literaria e o seu compromiso ético. Un galardón co que xa foron recoñecidas escritoras coma Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda ou Bernardo Atxaga, entre outras.

A AELG distinguirá ademais ás xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro co premio ‘Bos e Xenerosos’.

Listaxe completa de finalistas

Blog literario

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás  [http://cadernodacritica.blogaliza.org/]

Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/]

Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/]

Ensaio

- Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora)

- Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)

Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora)

Literatura Infanto-Xuvenil

- Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)

Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)

Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia)

Xornalismo Cultural

Alberto Ramos

Blanca-Ana Roig Rechou

Carme Vidal

Montse Dopico

Narrativa

55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia)

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)

Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia)

Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia)

Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia)

Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia)

Poesía

- A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)

As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia)

Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario)

- Dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia)

Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón)

Teatro

Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia)

- Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora)

Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

Tradución

- A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)

Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin)

Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros)

Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin)

 

Comentarios