O premio de poesía Lueiro Rei consolídase no 25 aniversario do seu pasamento

O vindeiro 2015 conmemorarase o 25 aniversario do pasamento de Lueiro Rey e o seguinte anos será o centenario do seu nacemento. O vindeiro 21 de decembro remata o prazo para participar a terceira edición do premio de poesía do Concello de Fornelos que traballa co horizonte destas dúas datas. 

Lueiro Rey
photo_camera Lueiro Rey

Co centenario do nacemento para o 2016 e o 25 aniversario da morte que se cumprirá no 2015, o Premio de Poesía Lueiro Rei convocado polo Concello de Fornelos, onde naceu, e a Asociación de Veciños O Cruceiro de Laxe consolídase na súa terceira edición. O vindeiro 31 de decembro rematará o prazo para a participar nun concurso que ten 2.500 euros como premio e que se fallará o vindeiro 27 de febreiro e se entregará o 4 de abril. O libro gañador da última edición do certame, Anamnese de Eli Ríos situouse como libro máis vendidos de poesía nos últimos meses. 

Este mesmo mes, inaugurarase unha páxina web dedicada ao escritor na que se recollerá ademais da biografía, bibliografía, audios, poemas, relatos e mesmo arquivo fotográfico. En proxecto está producir unha ampla exposición con todo o material documental arredor de Lueiro Rey máis un brumario poético dedicado ao escritor. 

As bases para participar no concurso atópanse na web do Concello de Fornelos de Montes http://www.fornelos.com/

Comentarios