Ponte nas Ondas e Xurxo Souto gañan o Premio Ondas á mellor cobertura informativa

O Ondas é o premio por excelencia da radio no Estado español. No apartado de mellor cobertura informativa desta volta veu para Galiza.

Ponte nas Ondas
photo_camera Ponte nas Ondas

Ponte nas ondas e Xurxo Souto reciben o único Premio Ondas a un programa ou proxecto nunha lingua distinta do español. O programa radiofónico no que participan centros escolares e emisoras de Galiza e Portugal e o escritor e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Xurxo Souto impuxéronse nos galardóns aos que concorreron 300 candidaturas de máis de 20 países de todo o mundo. A Cadena Ser concede os Premios Ondas que conmemoran nesta edición o seu 61 aniversario.

Ponte nas Ondas e Xurxo Souto gañaron un premio ao que concorreron 300 candidaturas de máis de 20 países 

Ponte nas ondas conmemorou xa vinte anos de historia de comunicación radiofónica e cultural entre Galiza e Portugal, iniciativa que tivo o seu nacemento en centros escolares ás dúas beiras do Miño. De "Ponte... nas Ondas" xurdiu a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugues para a súa consideración como patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Comentarios