Ponte nas ondas e Xurxo Souto reciben o único Premio Ondas a un programa ou proxecto nunha lingua distinta do español. O programa radiofónico no que participan centros escolares e emisoras de Galiza e Portugal e o escritor e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Xurxo Souto impuxéronse nos galardóns aos que concorreron 300 candidaturas de máis de 20 países de todo o mundo. A Cadena Ser concede os Premios Ondas que conmemoran nesta edición o seu 61 aniversario.
Ponte nas Ondas e Xurxo Souto gañaron un premio ao que concorreron 300 candidaturas de máis de 20 países
Ponte nas ondas conmemorou xa vinte anos de historia de comunicación radiofónica e cultural entre Galiza e Portugal, iniciativa que tivo o seu nacemento en centros escolares ás dúas beiras do Miño. De "Ponte... nas Ondas" xurdiu a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugues para a súa consideración como patrimonio da Humanidade pola Unesco.