luns 25/10/21
Bens afectados por unha liña de alta tensión

O PP rexeita incoar o expediente BIC que protexería o Castro Lupario

As 10.30 horas da mañá da quinta feira a Comisión 4ª, de Educación e Cultura, do Parlamento, reuníase cunha orde do día que incluía a solicitude de iniciar o expediente de declaración do Castro Lupario (Rois) Ben de Interese Cultural (BIC), e protexelo así ante o trazado prevista para unha liña de alta tensión de Rede eléctrica. A inciativa veuse abaixo co voto en contra do Partido Popular (PP).
WhatsApp Image 2021-02-23 at 16.43.02
Panorámica da aldea de Angueira de Castro, ao pé do Castro Lupario, en Rois. (Foto: Nós Diario)

A Comisión de Cultura do Parlamento rexeito esta quinta feira a proposta de que a Xunta declarase o Castro Lupario e o seu conxunto patrimonial Ben de Interese Cultural (BIC). A solicitude, vetada polo Partido Popular (PP), foi presentada pola portavoz de Cultura dos grupo parlamentario socialista (PSdeG), Noa Díaz.

O obxectivo de declarar BIC o castro e o seu conxunto era o de conseguir a “máxima protección” da contorna arqueolóxica situada en Rois.

Un patrimonio ameazado na actualidade polo trazado dunha liña de alta tensión que “afecta de forma crítica”, segundo un informe do Consello da Cultura Galega (CCG), ao Castro Lupario, á aldea de Angueira de Castro, ao Pazo do Faramello e a un tramo do Camiño portugués ao seu paso pola localidade.

A deputada Noa Díaz, que reclamou a máxima protección para “asegurar a súa conservación e que as próximas xeracións poidan gozar deste patrimonio excepcional”, sinalou que co voto en contra a esta proposta, o PP desminte á directora xeral de Patrimonio Cultural.

Díaz lembrou que en novembro acordara a incoación do expediente BIC para o castro, incluído nos 18 conxuntos para os que a Xunta comprometera esta declaración no ano 2009. 

A Asociación de Veciños de Angueira de Castro, colectivo que solicitou o informe do Consello da Cultura, esgota así a vía patrimonial como instrumento de  negociación para conseguir a paralización do proxecto con este trazado.

Segundo puido saber Nós Diario, para a veciñanza queda como último recurso parlamentario estudar a presentación dunha proposición non de lei, referida directamente á liña de alta de tensión. 

comentarios