Os datos do Observatorio da Cultura Galega conclúen nunha forte caída do investimento nas bibliotecas galegas, que sufriron unha forte caída que o sitúa en menos de un cuarto do que o goberno bipartito destinaba a estes centros en 2008. Daquel ano, o último xestionado integramente polo BNG na Consellaría de Cultura, o goberno da Xunta dedicara ás bibliotecas públicas un orzamento de 5,5 millóns que o PP rebaixou até o 1,3 millóns en 2013.
A rebaixa de cartos públicos en bibliotecas públicas acontece no momento de máis auxe destes centros, aumentando tanto en número de usuarios como en préstamos, en boa parte, debido á crise económica. O aumento de persoas que usan as bibliotecas desde o 2002 é, segundo o Observatorio, de 300.000 persoas, superando agora o millón de usuarios e un aumento nos últimos dez anos dun 57,9% o público adulto e un 15,9% o infantil.
Só acceso do 16,3%
Aumenta, cos datos do Observatorio do CCG, o gasto en persoal mais acusa unha notábel caída os investimentos que non chegan a 1,3 millóns de euros, menos da cuarta parte do que destinaba a esa partida o goberno bipartito.
A Xunta está a financiar o 26,57% dos custes da rede de bibliotecas fronte ao 67,88% que proveñen dos concellos. Malia o aumento de préstamos en case dous millóns e medio, Galiza é a antepenúltima comunidade na listaxe de uso de bibliotecas con tan só un 16,3% da súa poboación que accede aos seus servizos. O informe completo pódese consultar neste enlace.