Pontevedra ponse poética por quinta vez

Dez grandes nomes da literatura participan na quinta edición e “PontePoética”, o festival que leva a poesía en distintos formatos a diversos espazos da cidade. 

Teatro Principal de Pontevedra
photo_camera Teatro Principal de Pontevedra

Dirixido pola poeta Yolanda Castaño e organizado polo Concello e o Ateneo de Pontevedra, bota a andar esta sexta feira a quinta edición de PontePoética coa participación de poetas como Olalla Cociña, Harkaitz Cano, Susanna Lliberós, Isaac Xubín, Manuel Álvarez Torneiro, Lucía Novas, Lello Voce, José Luis Peixoto, Luis García Montero. 

Durante tres días, 17, 18 e 19, a poesía sentirase en distintos espazos da cidade, de maneira especial, no Teatro Principal onde se desenvolverán os principais recitais colectivos. O encontro co alumnado de centros de ensino da cidade abrirá o programa do Festival de Poesía a sexta feira pola mañá, unha actividade previa á inauguración que terá lugar ás 17.30 horas no Teatro Principal co recital dos poetas Isaac Xubín,  Isaac Xubín, Susanna Lliberós e José Luís Peixoto. A seguir, ás 19 horas, serán Olalla Cociña, Harkaitz Cano e Manuel Álvarez Torneiro quen suban ao escenario para pechar a primeira das tres xornadas do Festival 
 
Un obradoiro de Narrativa con Harkaitz Cano abrirá o programa do sábado ás 11 horas para, ás 17.30 regresar a poesía co recital de Lucía Novas, Luís García Montero e Lello Voce a quen seguirá o encontro de clausura ás 19:00 no Teatro Principal coa intervención da totalidade dos e das participantes, nun acto presentado por Yolanda Castaño. Malia iso, non remata aí o programa, por volta das 22.30 Lello Voce será protagonista do espectáculo poético do Pub El Pequeño e o domingo ás 11 o poeta Luís García Montero coordinará un obradoiro no Teatro Principal. 

Comentarios