A derradeira xira

Nao despídese dos escenarios

O vindeiro 7 de decembro a banda Nao dirá o adeus definitivo aos escenarios en Santiago de Compostela, cun concerto cheo de colaboracións das artistas que os acompañaron durante a súa traxectoria, que lles axudarán a repasar case todo o seu repertorio.
[Foto: Nao] A banda Nao nunha imaxe promocional
photo_camera [Foto: Nao] A banda Nao nunha imaxe promocional

O vindeiro 7 de decembro a banda Nao dirá o adeus definitivo aos escenarios en Santiago de Compostela, no recinto feiral de Amio, após 14 anos de camiño. Picchio (Banda Bassotti), Sabela Ramil (OT), Pauliña, Gabri (Dakidarría), Luken Arkarazo, Roi (Treboada), Mini e Navia Rivas, SonDaRúa, Tanxugueiras, Nervo (Rebeliom do Inframundo), Patti Castro ou a banda Odolaren Mintzoa axudaranlles a repasar case todo o seu repertorio.

Desde a banda afirman que “poder despedirnos dos escenarios tamén cos antigos membros de Nao é o máis especial e emotivo que nos pode pasar”. Nesta derradeira ocasión para ver en directo ao grupo, o público poderá gozar dunha lírica especial, que conxuga o íntimo co combativo, sen perder de vista as problemáticas sociais. As entradas para asistir ao concerto xa están á venda.

Comentarios