Que facer?

As Pontes acolle esta fin de semana a 39 Feira do Grelo

Xabier Díaz e Adufeiras
photo_camera Xabier Díaz e Adufeiras, prato forte musical da 39 Feira do Grelo das Pontes

Carpe Diem

Compostela

Teatro Principal

Sexta feira

20.30h

Producións Teatrais Excéntricas presenta 'Carpe Diem', con texto de Rubem Fonseca e dirixida por Quico Cadaval, unha peza coa que a compañía celebra o seu 15 aniversario.

Aldaolado

Arteixo

Auditorio do Centro Cívico Cultural

Sexta feira

20.45h

Cría fama e bótate a correr. Poesía, humor mais música son os ingredientes principais deste xa clásico dúo que configuran Lucía Aldao e María Lado.

Unha rosa entre as pernas

Vigo

Auditorio Municipal

Sexta feira

21.00h e 00.00h

Con texto de Alfonso Becerra de Becerreá, esta peza teatral xunta os actores Xosé Luis Bernal "Farruco" e Roberto Leal nunha situación cotiá dentro dun cuarto de baño.

Malas Linguas (III)

Compostela

Centro Sociocultural do Ensanche

Sexta feira

Malas Linguas: Activando falantes no s. XXI é o título deste programa da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. O obxectivo? Reflexionar, debater e dar pasos adiante no proceso de normalización do galego. A súa terceira xornada, centrada na transmisión non familiar da lingua, decorre o 1 de marzo, no Centro Sociocultural do Ensanche, en Compostela.

III Lupercais

Ramil (Agolada)

Fundación Eira da Xoana

Sábado

14.00h

A Fundación Eira da Xoana e a AC. O Galo festexan cun xantar convivio este ano as III Lupercais na sede da Fundación en Ramil para elixir a raíña Lupa de 2019.

Autocoñecemento e relaxación

San Sadurniño

Casa da Cultura

Sábado

17-19.00h

Ana Freire impartirá un obradoiro para aprender a coñecer o corpo humano e as técnicas de relaxación que nos axudarán a manter o equilibrio e a sentirnos mellor.

XVI Festival Taiña

Goián (Tomiño)

Praza de Goián

Sábado

O festival chega a unha nova edición cun cartaz composto por grupos como Flow do Toxo, Tecor Societário, O puto coro do exército froilanista e Sapoconcho sem poncho.

39ª Feira do Grelo

As Pontes

Sábado e domingo

A festa arranca cun cartel no que se inclúen pratos fortes como as actuacións da Banda da Loba, o acordeonista pontés Andrés Penabad e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, entre outras.

Filocafé

Compostela

Cantina do CGAC

Domingo

18.30h

Estas conversas públicas cun enfoque filosófico que teñen lugar o primeiro domingo de cada mes traen desta volta a Gena Baamonde, creadora e directora escénica.

As Santas Migrantas

UTAD. Trás-os-Montes

Portugal

Até 15 de marzo

Vén de inaugurarse As Santas Migrantas, da artista Luz Darriba, unha instalación de 400 pezas con fotos de mulleres migrantes e mais corenta textos con historias recollidas de mulleres do mundo. Este traballo en proceso de Darriba, comisariado por Luzía Oca González, que agora acolle a sala de Exposicións da UTAD Trás-os-Montes, en Portugal, poderá visitarse até 15 de marzo.

Comentarios