“Ponte... na escena” o festival de teatro cos sotaques da lusofonía

Compañías de Portugal, Galiza ou Brasil danse cita na segunda edición de “Ponte... na escena” que se desenvolverá en Gondomar co obxectivo de ser un encontro fixo do teatro cos distintos sotaques da lusofonía. 

Ponte... na escena
photo_camera Ponte... na escena

“Ponte... na escena”, o festival de teatro que naceu dentro do proxecto “Ponte nas ondas!” regresa por segunda vez a Gondomar coa idea de crear un espazo estábel de encontro do teatro da lusofonía, desde as máis variadas orixes. 

Parceiros do festival son “Fafe cidade das artes” que presentarán desta volva o espectáculo de rúa “Zé do pito o mata 7”, dirixido por Moncho Rodríguez. Nesta edición, que se presentará oficialmente a próxima semana, está prevista a participación de dúas compañías que chegan de Brasil. “Boccacione” presentará os espectáculos “O jovem teimoso que não
 quería morrer”, para público infantil, e tamén a representación dun clásico da literatura brasileira, “A igreja do diabo” de Machado de Assis. Neste caso dese a Bahía, Maren Vargens dirixe á compañía “Toca de Teatro”, que levará á escena “Amnésis”. A directora fará tamén unha intervención pública no bar Catro Camiños. 

A presenza internacional incrementarase coa chegada dunha compañía da lusofonía instalada en París “Goudou  Teâthre” presentará “Almanaquem para uma viagem”. 

Finalmente, na participación galega, incluirase a difusión do proxecto de recuperación de Barriga Verde, da “Asociación Morreu o demo”, coa obra de Viravolta Títeres e a exposición “Onde foi Barriga Verde?” instalada no Centro Neural. 

As compañías protagonizarán tamén encontros con grupos afeccionados co fin de que a súa presenza contribúa ao encontro e intercambio de experiencias. 

Comentarios