Ponme un poema... con tapa e bebida

Vaso, tapa e poema. Así é a proposta da Fundación Vicente Risco para o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de “Ponme un poema!” desta volta con Verónica Martínez e Alberte Moman. 

Verónica Martinez e Alberte Momán
photo_camera Verónica Martinez e Alberte Momán

Polos bares e as rúas de Allariz desenvolverase este sábado día 21, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de “Ponme un poema!”, un roteiro poético que, desta volta estará centrado na poesía erótica. 

Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, que gañaron o Certame de Poesía Erótica Sisargas coa obra conxunta O Episodio serán as persoas convidadas a participar nesta iniciativa literaria que consistirá nun recital partillado nas distintas paradas nos locais colaboradores nos que a poesía virá canda tapas e bebidas.  Os establecementos interpretarán tamén na oferta gastronómica o concepto de erotismo que está no cerne da nova edición de “Ponme un poeta!”. 

A xornada incluirá tamén o espectáculo poético-musical “Cinta adhesiva” de Silvia Penas e Jesús Andrés nos xardíns da Fundación Vicente Risco. A participación no roteiro é gratuíta e aberta mais o prezo de cada tapa con bebida será de 2,50 €. 

Comentarios