Para poñer a arder o mar de Arousa: Esne Beltza, Dakidarría e La Pegatina no Revenidas

Do 18 ao 20 de agosto Vilaxoán volverá ser un volcán: música, convivio, sardiñas, diversión, mil e unha actividades... para facer desta vila arousá o sitio ao que non se pode faltar.

Revenidas deu a coñecer esta cuarta feira o nome novas confirmacións para este festival que terá lugar en Vilaxoán de Arousa entre o 18 e o 20 de agosto. A forza e enerxía de Dakidarría e “a máquina musical perfecta” que son os vascos Esne Beltza van acudir a esta cita musical, unha das imprescindíbeis do calendario festivaleiro de Galiza. Doen, un grupo de Arousa que acaba de sacar o seu primeiro traballo, e o punk-rock asturiano dos Desakato completan as novidades canda Txarango

O cartaz do Revenidas está para sacar o hipo: aos grupos citados hai que engadir nomes dos xa confirmados con anterioridade, como Terbutalina e La Pegatina, dúas propostas para poñer a tremer toda a Ría e parte do estranxeiro.

Como sempre, este festival vén acompañado dunha manchea de actividades e propostas para estes tres días para alén da música e dispón dunha zona de acampada. 

Comentarios