Poesía musicada

'Pondaliana' chega ao Pazo da Cultura de Carballo

Pondaliana representarase no Pazo da Cultura do Concello de Carballo a vindeira quinta feira 12 de decembro ás 20.30 horas.
Cartaz de Pondaliana
photo_camera Cartaz de Pondaliana

O auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá a interpretación ao vivo de Pondaliana, o disco editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e A Mesa pola Normalización Lingüística.

15 poemas musicados de Eduardo Pondal cobrarán vida nun espectáculo que terá lugar a quinta feira 12 de decembro ás 20.30 horas, após tres semanas da súa presentación no Museo do Pobo Galego de Compostela.

O disco, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.

Artellado como un percorrido vital do protagonista, para facer realidade o disco foi clave a colaboración de músicos como Xoán Padín, Lidia Piñeiro, Roberto Vázquez, Alberte Maceiras ou Andrés Pazos, que foron seleccionando os poemas de base para o espectáculo a partir da edición do profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro.

Comentarios