Domingo 22 de setembro

A Pomba do Arco organiza unha excursión polo Alto Navia e o Eo

Museos, patrimonio natural e monumentos serán o menú da excursión que a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organizou para o domingo 22 de setembro ás terras do alto Navia e do Eo.
SAMSUNG DIGITAL CAMERA
photo_camera Taramundi. Foto: cedida.

A viaxe comezará en Grandas de Salime, na actual comunidade de Asturias. Alí as persoas excursionistas visitarán o seu completo museo etnográfico, o museo e o castro de San Martín e gozarán das “paisaxes de engado” sobre o encoro de Grandas de Salime. O xantar será na mesma localidade no mesón A Reigada.

De tarde, o periplo atravesará Vilanova de Oscos para coñecer o mosteiro de Santa María. O conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi será o fin da xornada.

Para participar na viaxe cómpre pagar 30 euros se se é socio da Pomba do arco e 33 se non. Inclúe o desprazamento en autobús, o xantar e as entradas en museos. As interesadas deberán inscribirse antes do 70 de setembro en [email protected] ou no teléfono 608555010.

Comentarios