26 de outubro

A Pomba do Arco celebra trinta anos de activismo cultural

Trinta anos de activismo e promoción cultural son os que celebrará a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz o vindeiro 26 de outubro. Homenaxe un dos seus impulsores, o focego Xoán Carlos González Basanta, cea e un concerto conforman os actos da agrupación.
foz
photo_camera Panorámica da vila de Foz. Foto: cedida.

O programa comezará ás oito do serán no salón de actos do colexio Martínez Otero. Touporroutou Teatro escenificará textos de González Basanta, acompañado do músico Felipe Sánchez.

Continuará no restaurante Racimo da localidade mariñá ás dez da noite, que culminará cun concerto do grupo musical Vudú. As persoas interesadas en asistir á cea conmemorativa dos 30 anos da Pomba do Arco deberán retirar a súa tarxeta antes dos 23 de outubro no restaurante Barrilete, na ferraxaría Fuente ou na cafetaría Mayros, ou ben no teléfono 608555010.

Comentarios