Acto de Positivas en Vila Nova da Cerveira o 26 de outubro

Cinco poetas galegas na outra banda do Miño

Unha expedición de poetas galegas cruzará o vindeiro 26 de outubro o río Miño. Trátase de Arancha Nogueira, Eduardo Estévez, Xabier Xil Xardón, Quico e Raúl Gómez Pato. Lerán a súa obra na libraría Porta XIII, de Vila Nova da Cerveira.
Vista_do_Castelo_de_Vila_Nova_de_Cerveira
photo_camera Vila Nova da Cerveira á beira do río Miño. Foto: Wikipedia.

“A ver, xente do Miño e do resto do universo mundo, acudide a este grande encontro poético”, anuncia Edicións Positivas, a editorial que promove o acto e que recentemente publicou obras das cinco autoras. A última delas, #hashtags para un espazo agónico, de Arancha Nogueira (Ourense 1989).

De Eduardo Estévez (Bos Aires, Arxentina, 1969) levou ás librarías [sen-fin] (2019). A Xil Xardón publicoulle Detéxtonos (2018), un traballo que o poeta levou por escenarios de todo o país acompañado de Leo i Arremecághona. Quico (O Carballiño, 1990) sacou O tempo das cereixas (2019). Raúl Gómez Pato (Ourense, 1966), veterano do catálogo de Positivas, volveu á mesa de novidades con Círculo (2019).

“Poesía diversa e distinta”, presume a editorial que organiza a presneza das escritoras na libraría Porta XIII de Cerveira, activo núcleo cultural e promotor das relacións entre as dúas ribeiras do Miño. 

Comentarios