Poesía ao vivo con voces femininas nos ciclos da Coruña e Compostela

Marta Dacosta e Ana Luísa Amaral en Poetas Di(n)versos esta segunda feira e Tálata Rodríguez e Lara Rozados -coa música de Ataque Escampe- a terza feira nos Picaversos, poesía ao vivo na Coruña e Compostela. 

Marta Dacosta
photo_camera Marta Dacosta

A quinta sesión da nova edición do ciclo Poetas Di(n)versos, coordinada pola poeta Yolanda Castaño, trae as voces de Marta Dacosta e a portuguesa Ana Luísa Amaral esta segunda feira, día 9, ás 20.30 horas ao Auditorio do centro Ágora da Coruña. As dúas poetas presentarán no recital os seus novos libros, Escuro de Ana Luísa Amaral e Dun lago escuro, de Marta Dacosta. 

Tamén en Compostela a poesía vivirase na voz das súas autoras na nova sesión do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, coordinada tamén por dúas autoras, Olalla Cociña e Branca Novoneyra. Desta volta, a sesión dedicarase á rabia e conta coa participación de Lara Rozados e a latinoamericana Tálata Rodríguez. A música virá da man da banda Ataque Escampe. Será esta terza feira ás 21 horas no Modus Vivendi. No Picaversos presentarase o número 0 do seu fanzine dedicado tamén á rabia.

Comentarios