A poeta Berta Dávila gaña o o premio Díaz Jácome con 'Limiar'

A poeta e novelista Berta Dávila (Compostela, 1987) gañou o premio Díaz Jácome de poesía con Limiar.

Berta Dávila (Foto: Distrito Xermar)
photo_camera A poeta Berta Dávila. Foto: Distrito Xermar.

Dávila obterá os 1.500 euros, placa e diploma do primeiro premio do galardón. Antes de Limiar, publicou os libros de poemas Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007), Dentro (Fervenza, 2008) e Raíz da fenda (Xerais, 2013).

O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón (Pontevedra, 1996) por Crónica bélica da devastación en cinco minutos. Está dotado con 600 euros, placa e diploma. O terceiro levouno Laura López Esteban, de Lugo, por Renacer. Son 300 euros, placa e diploma.

O premio de poesía Díaz Jácome “para novos creadores” convócao o Concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo. Igual que o do premio Leiras Pulpeiro -fallado hai unha semana e organizado pola mesma institución-, o xurado do Díaz Jácome formárono Armando Requeixo, Áurea Ramil e José María Felpeto.

“Amosamos o noso compromiso pola promoción do xénero poético, neste caso en lingua galega”, indicou o concello mindoniense. A entrega de galardóns será o sábado 1 de decembro ás 12.15 no Salón de Plenos do Consistorio.

Comentarios