24 de xaneiro na Libraría Bahía

Poesía e música tradicional focega

Maraxe e Ricardo Seixo ofrecerán, esta quinta feira ás 20.30 horas en Foz, un recital de poesía e música tradicional.
 

foz
photo_camera Imaxe de Foz. Foto: cedida.

Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer (2018) é o título do libro que Seixo leva a Foz nun acto organizado pola asociación cultural A Pomba do Arco na Libraría Bahía. “Composto por 47 poemas, a obra abrangue diversas temáticas: poesía cívico social, costumistas, intimista ou de reivindicación feminina”, sinala nunha nota A Pomba do Arco.

Cando o poeta actuará Maraxe, “grupo integrado por diversos apaixonados do canto tradicional e por membros de significados conxuntos galegos como Verbas Xeitosas, Tombalobos Orquestra ou Os Parabéns”. O repertorio escollido para este 24 de xaneiro centrarase “en pazas musicais que fan parte do noso repertorio municipal”.

Comentarios