Festival PontePoética do 12 ao 14 de abril

Poesía, “alimento da alma” en Pontevedra

A poesía volve ocupar Pontevedra esta fin de semana, entre o 12 e o 14 de abril. O festival PontePoética atinxe a súa novena edición e farao da man de escritoras como o portugués Valter Hugo Mãe, as galegas Pilar Pallarés ou Ismael Ramos, o alemán Jan Wagner ou o español Manuel Vilas.
 

Ruinas_de_la_Iglesia_de_Santo_Domingo_de_Pontevedra
photo_camera Ruínas de San Domingos, un dos escenarios do PontePoética. Foto: cedida.

“Seguiremos dándolle de comer á alma a través da poesía”, expuxo a concelleira de Cultura de Pontevedra Carme Fouces na presentación do encontro que dirixe a poeta Yolanda Castaño. Antón Sobral, da directiva do Ateneo da cidade -que coorganiza as xornadas, falou de “unha escolla de xente moi comprometida.

Aínda que PontePoética comeza esta sexta feira 12 de abril ás cinco e media da tarde cun recital nas ruínas de San Domingos a cargo da mallorquina Antònia Vicens e mais de Ismael Ramos e Jan Wagner, houbo un limiar: a proxección do filme documental Vértice e Versos dirixido por Carlos Lorenzo, a cuarta feira.

Recitais poéticos, obradoiros e encontros nos institutos completan este programa:

Sexta feira 12 de abril
Pola mañá Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I e IES Sánchez Cantón.

17.30 Ruínas de San Domingos*. (en caso de chuvia trasládase ao Pazo de Mugartegui). Inauguración de PontePoética 9 e recital dos poetas: Antònia Vicens; Ismael Ramos e Jan Wagner

19.00 Ruínas de San Domingos* (en caso de chuvia trasládase ao Pazo de Mugartegui). Recital dos poetas: Castillo Suárez, Baldo Ramos e Manuel Vilas

22.30 Pub El Pequeño (rúa de Paio Gómez Chariño, 29, baixo). Espectáculo poético-musical a cargo de Cintaadhesiva (Silvia Penas e Jesús Andrés).

Sábado 13 de abril
11.00 Teatro Principal de Pontevedra. Obradoiro de Poesía: Valter Hugo Mãe

17.30 Teatro Principal. Recital dos poetas: Valter Hugo Mãe, Pilar Pallarés e Silvia Penas

19.00 Teatro Principal. Recital de clausura do festival con todos os e as poetas
participantes: Silvia Penas, Jan Wagner, Antònia Vicens, Baldo Ramos, Castillo Suárez, Ismael Ramos, Pilar Pallarés, Valter Hugo Mãe, Manuel Vilas. Presenta: Yolanda Castaño

Domingo 14 de abril
11.00 Casa da Luz. Obradoiro de Narrativa con: Manuel Vilas

Comentarios