Os poemas de 'Senlheiro' fúganse da prisión

Publican 'Interferências', un libro con escritos do preso independentista Adriam Mosquera, condenado a 7 anos de cárcere.

Adriam Mosquera, 'Senlheiro', (1985, Quistiláns-Ames) foi detido en xaneiro de 2013 e acusado de 'terrorismo', polo que cumpre unha condena de 7 anos de prisión, un período no que pasou por 5 cárceres do Estado español. Neste tempo non deixou de escreber e algúns deses poemas brican agora desde a celda do cárcere de Mansilla de las Mulas (León) para tomar forma de libro: 'Interferências', editado polo Grupo de Apoio a Senlheiro.

É o primeiro número do que queren, afirman, que teña continuidade. Os impulsores da iniciativa escreben nunha reseña: “Carentes de significado para quem nom tiver as chaves, as interferências do aparelho infiltram-se entre o barulho mediático, som frebas de mensagem entre o estrondo. Os sinais de fume das últimas indígenas, que nom das derradeiras. Servem para nos fundirmos na Terra de sempre e na de hoje, para adorarmos as velhas deidades novas; as novas deidades velhas. E para nos adorarmos a nós próprias. Para estarmos juntas”.

O libro pode adquerirse en diversos locais e espazos de Compostela, A Coruña, Pontevedra ou A Guarda; ou através de colectivodeapoio[email protected] .

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios