Podería ser o 'Arde Lucus' festa de interese internacional?

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou a presentación da solicitude para que se declare o Arde Lucus festa de Interese Turístico Internacional, unha petición que se formalizará perante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
Instantánea da última edición do 'Arde Lucus' (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Instantánea da última edición do 'Arde Lucus' (Foto: Carlos Castro / Europa Press).

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou a presentación da solicitude para que se declare o Arde Lucus festa de Interese Turístico Internacional, unha petición que se formalizará perante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Tras a reunión da xunta local, Méndez explicou que se trata do primeiro paso, aínda que hai que elevalo a pleno para a súa aprobación e remitilo ao Ministerio que será quen solicite á Xunta da Galiza un informe favorábel para conseguir este distintivo.

Esta solicitude pódese facer efectiva nestes momentos, porque transcorreron eses cinco anos que, como mínimo, se requiren para poder conseguir esta declaración, despois de que en 2017 fose declarada Festa de Interese Turístico no Estado español.

A alcaldesa de Lugo presumiu que desde os seus inicios, esta festa de recreación do pasado romano e 'castrexo' da cidade naceu para "incentivar a economía local e naquel momento", en 2003, "ninguén atisbaba o que ía ser esta festividade e o que ía implicar para a cidade, converténdose no segundo gran referente" festivo de Lugo despois de San Froilán.

21 edicións

Lara Méndez lembrou que o Arde Lucus, con 21 edicións ás súas costas, arrincou con actividade só durante "unha noite" e agora son catro días desde que entran as tropas romanas na cidade de Lugo, que vén celebrando no segunda quincena de xuño.

En 2011 foi declarada Festa de Interese Turístico galego e en 2017 xa o era a nivel estatal. "Neste 2022 celebramos o 21 aniversario desta cita, que ademais recuperou todo o seu esplendor despois de dous anos complicados pola pandemia. O grande éxito desta festa é, sen dúbida, a implicación da cidadanía", destacou a alcaldesa.

Outro aspecto que serviu para lucir o Arde Lucus é a imaxe na Rolda da Muralla do Xulio César, traballo de Diego As. Sobre isto a rexedora luguesa anunciou que en breve "se fará outro mural sobre o mundo castrexo", nunha zona próxima onde se encontra o debuxo do emperador romano.

Comentarios