Pistacatro estrea “Desperta!”

Circo, música, humor, emoción... Pistacatro presenta esta quinta feira en Compostela o seu novo espectáculo “Desperta!”. 

Pistacatro
photo_camera Pistacatro

A compañía Pistacatro presenta esta quinta feira, 30 de outubro, ás 21.00 horas no Teatro Principal de Santiago o seu novo espectáculo “Desperta!”. 

Dirixido por Natalia Outeiro, “Pajarito”, a nova proposta de Pistacatro afonda na identidade individual, na igualdade e a diferencia e no concepto de intimidade e privacidade. Que acontece cando ninguén nos mira? “Desperta!” é unha historia cotiá que percorre o universo persoal dos protagonistas que podería ser calquera das persoas que asistan ao espectáculo. 

A nova montaxe de Pistacatro conxuga circo, música ao vivo, humor e emocións que trasladan ao público a un mundo imaxinario e real á vez. 

DESPERTA trailer from Pistacatro on Vimeo.

Comentarios