Pilar G. Negro, Ferrín, Carme Blanco e Victoria Álvarez entran no Padroado da Fundación Rosalía

A Fundación Rosalía de Castro incorpora catro novos nomes ao seu Padroado. O plenario da entidade aprobou a entrada de Pilar García Negro, Carme Blanco, Xosé Luís Méndez Ferrín e Victoria Álvarez Ruíz de Ojea. 

Pilar García Negro
photo_camera Pilar García Negro

O Padroado da Fundación Rosalía aprobou no plenario que se desenvolveu no serán desta cuarta feira a proposta da executiva de incorporar catro novos nomes ao órgano da entidade, destacando a súa estreita vinculación tanto no ámbito da investigación como no recoñecemento e difusión da obra e da autora. 

A profesora e investigadora Pilar García Negro é autora dos ensaios ‘O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo’ (2010) e ‘Cantares Gallegos, hoxe’ (2013). García Negro é colaboradora fixa de Sermos Galiza en cuxo semanario publica unha coluna quincenal sob o título xenérico de “Xigantescos Olmos”.

Na biografía de Rosalía afondou Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, protagonista de importantes descubertas arredor da vida da autora nada en Compostela. Pola súa parte, a figura da autora de “Follas Novas” aparece de maneira recorrente no traballo da profesora e escritora Carme Blanco autora do ensaio“A problemática da escritora en Rosalía de Castro” e colaboradora en diversas ocasións con iniciativas da Fundación. Ao escritor e ex-presidente da RAG Xosé Luís Méndez Ferrín a Fundación recoñécelle unha “vasta obra de creación e ensaio no que Rosalía ocupou recentes artigos”, ademais da colaboración nos actos da conmemoración da publicación de “Cantares Gallegos” en 2013. 

Comentarios