Piden á RAG que estenda a 2021 a dedicatoria do Día das Letras a Carvalho Calero

A federación de asociacións culturais Galiza Cultura e AGAL demandan que o Ano Carvalho Calero se estenda máis aló de 2020 e que 2021 sexa tamén dedicado á memoria do intelectual e profesor ferrolán.
[Imaxe: RAG] Carvalho Calero, en 1957
photo_camera Carvalho Calero, nunha imaxe de arquivo (Foto: RAG)

A Real Academia Galega decidiu pospor até o vindeiro 31 de outubro a celebración oficial do acto das Letras dedicado a Ricardo Carvalho Calero ante a crise que vive o territorio pola situación sanitaria.

Varias voces e colectivos están a alzar a voz para pedir, ademáis, que o Ano Carvalho Calero se estenda máis aló de 2020 e que 2021 sexa tamén dedicado á memoria do intelectual e profesor ferrolán.

Tanto a federación de asociacións culturais Galiza Cultura como a Associaçom Galega da Língua (AGAL) remitiron cadanseus comunicados -estando o primeiro subscrito pola súa presidenta, Pilar García Negro- na que solicitan que se faga efectiva esta iniciativa para dedicar o próximo ano a celebrar como se merece a figura de Carvalho Calero.

"A excepcionalidade de tal medida está máis que xustificada polo excepcional e grave da situación que estamos a padecer", sinala, tendo en conta o gran abanico de actos que sempre acompaña á conmemoración do 17 de maio, máis aló daquelas iniciativas que poidan aprazarse para finais deste ano.

Comentarios