A AS-PG anima a escoitar poemas de Novoneyra no seu último podcast

En tempos de confinamento, a cultura sempre é unha vía de escape, unha fiestra ao exterior. Por iso, desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega convidan ás galegas a escoitar os versos do poeta Uxío Novoneyra.
aspg
photo_camera Uxío Novoneyra (Foto: Nós Diario).

Carlos Díaz, Paloma Lugilde, Bruno Martínez, Ana García Lenza, Cristina Ferreiro ou Carmen Carpinteiro narran, na web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) diferentes poemas do poeta Uxío Novoneyra.

Terras altas e solas, Vendo pasar o río, Alalás encadeados, Meu cuarto ou Muller pra lonxe son algúns dos versos que desde a AS-PG animan a escoitar, pois a cultura é outra das ferramentas que recomendan as expertas para amenizar o confinamento.

Comentarios