Patrimonio

Os petrógligos de Nostián, Arteixo, retiranse temporalmente para instalar un poliduto de Repsol

Volverán colocarse unha vez finalizada a obra e a tubería pasará por baixo deles.
Os achados en Nostián inclúen petróglifos con coviñas.
photo_camera Os achados en Nostián inclúen petróglifos con coviñas.

Segundo vén de facer público a Dirección Xeral de Patrimonio, foi autorizada a intervención nunha estación de arte rupestre situada preto do lugar de Nostián (A Pastoriza / Arteixo)  composta por motivos circulares e coviñas. O motivo é permitir a instalación dun poliduto de Repsol dirixido ao porto exterior da Coruña.

A intervención suporá a retirada temporal dos motivos circulares que se localizan na parte alta do conxunto, a partir dun corte na pedra. As tuberías instalaranse por baixo desa posición orixinal e, ao rematar a obra, os petróglifos serán restituidos.

Tamén se prevé a sinalización e a colocación de paneis informativos, que até o de agora non formaban parte do conxunto. 

Comentarios