Pesar polo falecemento de Xosé Romero, gaiteiro que marcou época

Creador e alicerce dos Rosales, facía 91 anos nuns días.

©EDITORIAL CANELA_Os_Rosales_con_Fina
photo_camera Maruxa e Xosé e con Fina Fernández, autora dun libro sobre o grupo.

Vén de falecer Xosé Romero, de Asados (Rianxo), gaiteiro de raza, que marcou época, e que cos Rosales -creados na década dos 50-  deixou unha pegada permanente na música popular galega. El e máis a súa inseparábel compañeira, Maruxa, revolucionaron a música tradicional, no fondo e na forma. Faleceu no Hospital Clínico de Santiago de Compostela e nuns días ía facer os 91 anos. 

En 2017 o Auditorio de Rianxo acolleu unha grande homenaxe a Romero promovida pola Asociación de Gaiteiros Galegos e na que tomaron parte, entre outros, membros de Milladoiro. 

Foto promocional dos Rosales,
con Maruxa Miguéns ao bombo. (Foto: Edición Canela)

Os Rosales, o grupo de gaitas de Asados (Rianxo), naceu no ronsel doutras formacións como os gaiteiros de Soutelo, encadrados nesa "loita por dignificar a nosa música ao tempo que queren devolver á figura do gaiteiro o status de bardo céltico que representa as esencias máis xenuínas do pobo", explica Xosé V. Ferreirós no limiar do libro Os Rosales. O son da Festa (Editorial Canela).

Comentarios