Os Tres Pés celebran o cabodano de Castelao

Con motivo do aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o proxecto conxunto Os Tres Pés presenta un adianto do seu futuro traballo, versionando "Compañeiro Daniel".
Fotograma do vídeo de "Compañeiro Daniel"
photo_camera Fotograma do vídeo de "Compañeiro Daniel"

No cabodano da morte de Castelao, o grupo Os Tres Pés decidiu facer un adianto do seu próximo traballo cunha versión do tema de Suso Baamonde "Compañeiro Daniel".

Esta formación reúne tres referentes imprescindíbeis da música galega actual: Leo Arremecághona, Xose Constenla e Roberto F. Sobrado.

O anticipo vén da man dun vídeo gravado nas Bungalow sessions nos que os tres cantautores alternan as súas voces para homenaxear ao unha das figuras máis senlleiras do galeguismo.

Comentarios