Entre o 7 e o 30 de setembro

Un percorrido pola emigración galega

Este 7 de setembro a exposición de fotografía “Nós tamén fomos emigrantes” na Casa do Concello de Viveiro. A mostra, unha recompilación de imaxes da emigración galega e española da axencia EFE, poderá visitarse ata o día 30 do próximo mes. 

emigrantes__medium

A mostra está conformada por fotografías dos arquivos da Axecia EFE e enmárcase no proxecto “Corrente cultural” que propicia a colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello de Viveiro.

“Nós tamén fomos emigrantes” é unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. Este proxecto ten como finalidade achegar ao espectador a esa realidade histórica a través da mirada profesional e humana dos fotoxornalistas daquel entón.

En palabras de Miguel Ángel Gonzalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004, é a historia de “millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir”.

A exposición é de balde e poderase visitar entre o 7 e o 30 de setembro na Sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro de luns a venres de 10:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:00h.