Pequenas iniciativas culturais para sobrelevar o confinamento

Nos concellos pequenos, como é o caso de Guitiriz, están desenvolvendo varias iniciativas para achegar a cultura á cidadanía, que polo estado de alarma non pode achegarse ás bibliotecas e centros cívicos. 
os sete cabritos
photo_camera Contos breves, vídeos de autores ou autoras, poemas en liña, series... son só algunhas das opcións dispoñíbeis (Foto: Nós Diario).

Nos concellos pequenos, como é o caso de Guitiriz, están desenvolvendo varias iniciativas para achegar a cultura á cidadanía, que polo estado de alarma non pode achegarse ás bibliotecas e centros cívicos. 

Así, a biblioteca municipal Casa Habanera vén de publicar unha ampla listaxe de recursos culturais virtuais para que a veciñanza poida facer uso deles durante o confinamento.

Esta escolma de recursos xa está publicada na páxina web municipal e no Facebook do Concello para que toda a cidadanía poida facer uso deles, así como tamén aportar outros que cada un coñeza.

Contos breves, vídeos de autores ou autoras, poemas en liña, series, audio-contos, karaokes para cantar en familia... son algunhas das opcións que se atoparán as persoas que accedan a esta listaxe.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “o obxectivo deste tipo de iniciativas é tentar que os nosos veciños e veciñas leven dun mellor modo o confinamento e, á súa vez, contribuír a distribuír a nosa cultura dun xeito atractivo e para toda a familia”.

Comentarios