Paula Carballeira participa no festival internacional “Valparaíso é un Conto”

A narradora, escritora, actriz e directora teatral Paula Carballeira, participa no encontro internacional de contadores de historias “Valparaíso é un conto” que se desenvolverá do 23 ao 26 de abril na cidade chilena. 

Paula Carballeira
photo_camera Paula Carballeira

Co espectáculo “Historias de calafríos”, a galega Paula Carballeira participa no “IV Encontro de Contadores de Historias Valparaíso é un Conto” que terá lugar no parque Cultural de Valparaíso do 23 ao 26 de abril con sesións para todos os públicos polas tardes e para maiores de 14 anos a partir das 20 horas. 

A intervención de Paula Carballeira xirará arredor do medo, con relatos que buscan estarrecer ao público, conseguir o efecto de terror como o clásico xénero dos contos. “Perseguen o calafrío do momento, unha lixeira inquietude, unha sensación e vento frío que te acariña o pescozo. É despois de escoitalos, unha vez que volves a casa e que pensas que as historias que te acaban de contar xa non ten perigo, cando algo fai que as recorde: un son, un golpe”, din na presentación do espectáculo “Historias de Calafríos” de Carballeira. A narradora impartirá ademais un obradoiro no “IV Seminario Internacional Oralidade Imaxe e Narrativas” denominado “Os camiños das historias”. 

Canda Paula Carballeira participan no encontro internacional “Valparaíso é conto” o xaponés Yoshi Hioki de Japón co espectáculo “Paxaro de cinza”, Martín Céspedes de Bolivia con “Ai as fronteiras!”, Flora Ovalles de Venezuela con “Con-Textos”, Liliana Cinetto de Arxentina, con “Monstros, princesas e outros disparates” ou Alfredo Becker de Chile con “Cántame un conto”. 

Comentarios