Paseos pola Coruña literaria, nova iniciativa da AELG para este outono

Este outono a AELG pon en marcha esta iniciativa da man de escritores como Dores Tembrás, Pedro Feijoo e Felipe Senén.

sede_RAG
photo_camera Rúa Tabernas

A proposta da Asociación de Escritores/as comeza o 17 de outubro cun paseo da man de Dores Tembrás que sairá dos Xardíns dos Cantóns e leva por título “A Coruña, unha cidade ao descuberto”. 

A seguinte cita será protagonizada polo vigués Pedro Feijoo o 31 de outubro cunha andaina titulada “A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra”. Sairá da Praza do Humor e percorrerá as rúas da cidade onde viviu o matrimonio, pasando pola Academia Galega na Rúa Tabernas e o cemiterio de San Amaro. 

E, por último, o 14 de novembro a camiñata será liderada por Felipe Senén, que propón saír da Porta do Xardín de San Carlos para adentrarnos na prehistoria e na Historia da Coruña, desde o Baluarte Vello e percorrendo os lugares de Moore, Porlier, Aguirre, Pondal, Rosalía, Francisca Herrera, Pablo Picasso, Manuel María...
 

Comentarios