Palabras con memoria: Comer e beber desde a lingua

comida
photo_camera Recipientes con comida xa preparados nun restaurante. (Foto: Europa Press)

enviar.- (Ademais de significados evidentes) Engulir.

Lugar de escoita.- Pola zona de Corme, Tal, etc.

Fonte.- Alfonso Álvarez Cáccamo.

grariza.- (Ademais de significados xa rexistrados) Conxunto de fabas e garavanzos que se lle botan ao caldo.

Exemplo.- “Non sei se lle chegará a grariza.”

Lugar de escoita.- Ferreira de Pantón.

Fonte.- Ofelia Vázquez García (agora en Monforte), por Ofelia Carnero Vázquez.

Outros apuntamentos.- Indica o informante que un compañeiro o escoitou alí e adoptou esa palabra.

lacenas.- Persoa afeccionada a comer e beber.

Lugar de escoita.- Cuntis.

Fonte.- Marcos Seixo.

lambebroas.- Persoa afeccionada a comer e beber.

Lugar de escoita.- Cuntis.

Fonte.- Marcos Seixo.

llangumia.- Nena que come pouco.

Exemplo.- "Ía frío e comezaban a caer fatanas."

Lugar de escoita.- Boal (Asturies).

Fonte.- Begoña Macero.

mastagallo.- Comida mastigada.

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

picarreis.- Freixó que se facía co calostro das vacas recén paridas.

Lugar de escoita.- Castroverde.

Fonte.- Guillermo Rodríguez.

Outros apuntamentos.- Enviada por Paula Sancosmed Maciñeiras, mestra do C.E.I.P. Plurilingüe do Corgo.

Comentarios