Paco Souto gaña, canda Pedro Craveiro, o Ari(t)mar Galiza-Portugal de poesía

O poeta e percebeiro faleceu o pasado mes de marzo mentres traballaba en Razo. O autor luso Pedro Craveiro é o outro gañador do certame.

Paco Souto Imaxe de Distrito Xermar
photo_camera Paco Souto Imaxe de Distrito Xermar

Paco Souto e Pedro Craveiro son os gañadores do certame ‘Ari(t)mar Galiza e Portugal’ de poesía, organizado pola Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela. Paco Souto por 'Terradentro' (Caín, Laiovento, 2016) e Pedro Craveiro por 'Fui a Bruges esquecer un amor' (Avenida Sul, 2016), recibiron más de 2.000 votos.

Paco Souto faleceu o pasado 30 de marzo, cando faenaba en Razo, Carballo. Percebeiro, poeta, concelleiro do BNG e activista, a súa morte causou un profundo pesar e conmoción non só na comarca mais en toda Galiza. Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Entre as súas obras, ‘Fado’, ‘As árvores do incesto’ ou ‘Crebar cristais coa lingua’. Na súa implicación social tamén destacou no movemento antimilitarista, conde foi un dos responsábeis da revista AR!

De por parte, Pedro Craveiro é profesor axudante de portugués na Universidade de California.

Ari(t)mar é unha iniciativa que agromou na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa finalidade de dar a coñecer e difundir a música e poesía editada na Galiza e en Portugal, e tamén para achegar a cultura e a lingua dos dous países, articulándose dentro do marco da lei Paz-Andrade.

O certame, que consta de catro categorías, convida o público a seleccionar os mellores temas musicais e os mellores poemas editados na Galiza e en Portugal. Conta co apoio e colaboración de Concello e Deputación da Coruña. Tamén Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camôes, Conservatorio de Santiago e a USC, entre outras entidades.

Comentarios