OZOCOgz publica os microrrelatos do seu concurso literario

A empresa OZOCOgz vén de publicar un libro cos microrrelatos que se presentaron ao concurso literario que convocaron nos últimos catro anos. 

ozoco
photo_camera Extracto da portada do libro

Trátase dunha compilación de 190 páxinas, con máis de 150 microrrelatos ilustrados que participaron nos concursos que esta marca de deseño organiza anualmente. 

O volume xa está ao dispor dos interesados/as na súa tenda electrónica (ao prezo de 7 euros). Os beneficios xerados pola venda destes exemplares destinaranse na súa totalidade a ASPADISI (Asociación de Pais  e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Carballiño). Tamén poderán conseguirse no Culturgal (Pontevedra) do 2 ao 4 de decembro, previa encomenda.