Ovación para 'A Esmorga' na súa estrea no Festival Internacional de Ourense

A adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor estrearase comercialmente a próxima sexta-feira nas salas de toda Galiza após colleitar grandes críticas no primeiro visionado público.  

esmorga-crop
photo_camera Presentación de A Esmorga

A estrea oficial de A Esmorga, a película dirixida por Ignacio Vilar segundo a novela de Eduardo Blanco Amor, tivo lugar onte na gala inaugural do Festival Internacional de Ourense, na cidade na que está ambientada a narración, onde unha sala chea de público despediu cunha grande ovación o filme. 

Foron unánimes os recoñecementos para a película, protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán, Morris, que -xunto ao director- antes falaron para os medios sobre as dificultades desta adaptación cinematográfica, cuxa rodaxe resultou especialmente duro para os actores, polas condicións atmosféricas, por exemplo. 

“É un filme que impresiona pola súa dureza”, asegurou Antonio Durán, namentres que Ignacio Vilar  defendeu o uso da lingua galega no cinema e destacou a fidelidade da película co texto orixinal. Así mesmo, pediu que o público acuda ás salas na primeira fin de semana -a estrea comercial será a próxima sexta-feira- “porque é o que decide a vida dun filme". 

Comentarios