Un documental lembra a "outra Coruña posíbel" de Domingos Merino

'Outra Coruña posible: Domingos Merino’ etrearase en setembro. Nel participan voces como Manuel Rivas, Xulio Ferreiro ou María Xosé Bravo para lembrar o primeiro alcalde nacionalista da Coruña. Trailer no interior.

Un documental a estrear en setembro deste ano quer plasmar aquela etapa de cambios e esperanzas que se vivía na Coruña de finais dos 70 e iniciosdos 80 d séulo pasado e lembrar e homenxear ao alcalde que a encarnou. ‘Outra Coruña posible: Domingos Merino’ é un traballo de de Lois Alcayde Dans, colaborador de Sermos Galiza, (Guión), Paula Durán (Son) e Paula Quiroga (Imaxe e edición). Entre as persoas que toman parte no documental está o escritor Manuel Rivas, o actual alcalde, Xulio Ferreiro, ou a presidenta da AC Alexandre Bóveda e exconcelleira do BNG María Xosé Bravo. Domingos Merino, nado na Coruña en 1939, faleceu a inicicios deste ano.

Nas eleccións de 1979, a candidatura de Unidade Galega encabezada por Domingos Merino obtivo 5 concelleiros, un menos do que o PSdeG. A alcaldía foi para Merino, após un acordo nacional de Unidade Galega co PSOE, que obtivera en troca os bastóns de mando de Vigo e Ferrol. Unidade Galega foi a marca coa que concorreron naqueles comicios o Partido Obreiro Galego, o PSG e o Partido Galeguista. Domingos mantívose ao fronte do goberno municipal até 1981, ano en que prosperou unha moción de censura promovida pola UCD. Foi, portanto, o primeiro alcalde da Coruña no actual réxime político, após a ditadura, e tamén o primeiro alcalde nacionalista da cidade.

Comentarios