Que facer?

O teatro circo toma este domingo o Colón da Coruña

outono
photo_camera Un momento do espectáculo de Pistacro Produtora de Soños

Nacidas libres
Vigo
Auditorio Municipal
Sexta feira
21.00h
Continúa a andaina da compañía galega Contraproducións con este cóctel teatral: relixión, inmigrantes, misterios, ilegalidades, retencións, mentiras, castigos....


Bibliópatas e fobólogos son os culpables deste diálogo
Santiago de Compostela
Libraría de Mulleres Lila de Lilith
Sexta feira
20.00h
Acóllese a dupla presentación /conversa entre dúas grandes autoras: Emma Pedreira e Eli Ríos, con Bibliópatas e fobólogos (Galaxia) e Culpable (Xerais).

Festóso 2018
Taboada
Diversos Espazos
Sábado
Roteiro musical con Os deiqui Taboada, Rechouchios Taboada, Chorimas de Chantada e Falcatrueiros Monterroso; cea popular no centro cívico e concerto de Raiba e Yeyo.

XV Festival Taiña
Goián
Praza de Goián
Sábado
O Festival Taiña chega este ano a súa XV edición e, para festexalo, propoñen un evento musical no que participarán grupos que se moven por diferentes estilos, desde o ska-punk e folk bravú de Liviao de Marrao, pasando polo reggae de Elephants, até o rock e blues tributo deYard Tati´s Joplin e The Kozmic Blues Band. 

XXXVIII Feira do Grelo
As Pontes de García Rodríguez
Diversos Espazos
Sábado e domingo
Volta unha nova edición da festa de exaltación do grelo, coa mellor degustación gastronómica típica do inverno galego: sopa de cocido, cocido con grelos, costela, lacón chourizo, garavanzos e patacas, con sobremesa de requeixo da Faeira con mel de Goente, e os tradicionais freixós. Ademais, contarán coas actuacións musicais de Carapaus, Xosé Lois Romero & Aliboria (sábado), Tanxungueiras e Treixadura (domingo).

Outono, de Pistacatro Productora de Soños
A Coruña
Teatro Colón
Domingo
11.00h
Festexan o seu décimo aniversario cun novo e arriscado espectáculo de teatro-circo, con música en directo e no que reúne parte dos seus fundadores.

Festa da Androlla
Viana do Bolo
Varios Espazos
Domingo
12.00h
A androlla, un embutido típico da comarca de Viana, é o produto estrela do domingo de entroido, acompañada polos boteiros que percorren a vila.

Pasaporte de Lectura das Letras Galegas
Pontevedra
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Até 16 de maio
Actividade para usuarias e usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego. Por cada lectura, un selo no pasaporte e sorteo de premios. 

Comentarios