Os medos de Albert Pla chegan á Galiza

Albert Pla presenta “Miedo” no Auditorio da Galiza, sábado 25 de xaneiro ás 20.30 horas, nun espectáculo que combina música, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas

albert pla
photo_camera albert pla

O Auditorio da Galiza acollerá Albert Pla o vindeiro 25 de xaneiro. O novo espectáculo do catalán, “Miedo”, afonda no emprego da música, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para debullar unha experiencia poética multimedia.

O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis alá da vida terrea. Fuxindo dos límites de artes e xéneros, Pla presenta un periplo no que o medo alimenta os nosos pensamentos, nun repaso ateigado de ironía.

Chega á Galiza após a estrea mundial en Buenos Aires, sumando un total de 28 funcións co teatro cheo.

Comentarios