Os Eidos

Son os poemas d’'Os eidos' (1955) de Uxío Novoneyra os ecos poderosos da nosa montaña interior e dos seres que a habitan na paz de todo o vivo. A beleza irrepetible dunha voz que é revelación e música. A chave dos campos para abrir cada cancelo e comprender a inmensidade da existencia, a  profundidade do amor, a extrema condición do canto e os substratos infinitos dunha fala ancestral e futura: nela entendemos o canto do paxariño pousado no bicarelo do bico do brelo e con ela somos quen de lles tocar as mans aos antepasados. Unha tuba grandiosa que proxecta o estremecemento sutil do mínimo, cos pés postos en Parada do Courel, desde onde se contempla e comprende o universo. 
Uxío Novoneyra no Courel. (Foto: García Cabezón)
photo_camera Uxío Novoneyra no Courel. (Foto: García Cabezón)
Polo ano 2003 era eu unha moza entusiasta que ollaba o Courel desde a premontaña do Brollón. Escribía por entón o libro Uxío Novoneyra. Lingua loaira dedicado ao poeta máximo dos cumes do…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios