Os Cans de Pedra xa teñen dono

Os de Cans xa non son cans sen dono. O Festival entregou na súa X edición os Cans de Pedra, o emblema do certame. Como mellor curtametraxe de ficción o xurado elexiu “Calquera infinitivo posible” de Roi Fernández Alonso. 

Wyoming en Cans
photo_camera Wyoming en Cans

Ademais do Premio de Honra Pedigree´13 para Manuel Manquiña, o premio de xurado á mellor curtametraxe de ficción, dotado con Can de Pedra e 1500 euros, foi para “Calquera infinito posible” dirixida por Roi Fernández Alonso que o xurado elexiu polo seu carácter poético e arriscado. Tamén con Can de Pedra sae do certame “Flores para Amalia” de Nani Matos, desta volta escollida polo premio do xurado formado pola veciñanza de Cans. 

En canto animación, o xurado escolleu “Sangre de unicornio” de Alberto Vázquez. O actor Carlos Blanco por “Mal de sangre” resultou gañador por “manexar con moito acerto unha personaxe moi complexa e difícil” como mellor interpretación masculina ao tempo que Helena Miquel, recollería o Can de Pedra como mellor actriz polo mesmo traballo. 

“Robin & Robin”, dirixida por María Pérez e Hugo Amoedo recibiría o Can de Pedra para o mellor guión en canto “Mundo en Trance” de Lemuripop realizado por Soledad Rebollo foi obsequiado como mellor videoclip. O público escolle como mellor videoclip “Terra” de Dakidarría, realizado por Julián Maguna. O xurado fixo mención especial á calidade das bandas sonoras presentadas e, entre todas elas, escolle a de  “Calquera infinito posible”. 

O xurado estivo composto por Juan Ibáñez “Trancas”, Cristina Pato, Unax Ugalde, Xabier Fortes, Mara Sánchez, Patricia Vázquez e Xavier Villaverde. Os viceoclips foron escollidos por Juan Fuentes, Iolanda Zúñiga, Pilar comesaña e Uxía. Por último, o xurada da veciñanza estaba composto por Carme de Adela, Aurora de Lago, Félix, Mina de Pedreiro e Rosa Bernárdez. 

O público e a animación constante na parroquia de Cans está a ser, máis unha vez, a tónica deste singular festival que celebra con entusiasmo popular a súa décima edición de "agroglamour".  

Comentarios