A Orquestra infantil da OSG contará cunha contorna pioneira de traballo virtual

O traballo virtual chega tamén ás máis pequenas e pequenos da Orquestra Sinfónica da Galiza a través do proxecto Eu son futuro
A orquestra infantil da OSG (OSG)
photo_camera A orquestra infantil da OSG (OSG)

A Orquestra Sinfónica da Galiza (OSG) actualízase na actual situación e pon en marcha a súa contorna de traballo virtual Eu Son Futuro, no que un total de 18 profesoras e profesores  instrumentistas impartirán clase e monitorizarán o traballo das 90 membros da Orquestra Infantil da OSG.

Cada unha das profesoras e profesores farase cargo dun pequeno grupo de estudantes para preparar cada unha das 18 voces que compoñen o Concerto Grosso do Vaughan Williams, unha peza en cinco movementos que escribiu en 1950 para as escolas musicais rurais británicas.

Dima Slobodeniouk, actual titular do conxunto orquestral, dirixirá en concerto público o resultado deste programa pioneiro na formación musical a distancia.

Comentarios