A oposición pide declarar a cultura como ben de primeira necesidade

Apostan por incrementar o seu presuposto 1%
Tanxugueiras é un dos grupos que viu aprazados os seus próximos concertos en Vilalba e Monterroso.
photo_camera Tanxugueiras é un dos grupos que viu aprazados os seus próximos concertos en Vilalba e Monterroso.

BNG por unha banda e PSdeG pola outra presentaron onte sendas baterías de medidas para promover a reactivación do sector cultural, contando sempre coa participación do mesmo.

En concreto, os nacionalistas proporán desenvolver un paquete específico para paliar os efectos da Covid-19, reducir o IVA cultural de 10% a 4% ou o impulso a unha lei de dereitos culturais consensuada con todos os axentes.

A súa deputada Mercedes Queixas advertiu que os efectos da pandemia sobre a cultura e a creación poden ser "letais".

En tanto, o PSdeG demandará a Xunta antes de fin de ano a redacción dun plan plurianual de reactivación na que se incrementen os fondos, a posta en marcha dunha campaña que anime á cidadanía a desfrutar da cultura ou unha mesa permanente de diálogo con todos os actores culturais.

Marina Ortega, deputada socialista, instou ao PP a "sumarse a estas demandas".

Ambas as formacións políticas apostas, como pediu o Consello da Cultura Galega, por incrementar os orzamentos destinados a Cultura en 1%. Ortega lamentou que a política da Xunta se resumise a un "intento" de reprogramación de eventos. 

Comentarios