Opcións galegas na gala dos Goya desta noite

O audiovisual galego ten as súas opcións nos Goya 2013, que se entregan esta noite. O Apóstolo, de Fernando Cortizo, concorre como mellor filme de animación, en tanto que o escritor Manuel Rivas opta ao premio ao mellor guión adaptado por Todo es silencio.

Esta noite (22 h), co boato habitual, vaise realizar a entrega dos premios Goya.

Na gala parten con algunhas opcións o galego Fernando Cortizo, coa fita de animación O Apóstolo. Terá de competir co fenómeno das billeteiras Tadeo Jones, ben como con El Corazón del Roble e The Wish Fish.

Tamén compite con opcións de suceso un dos escritores galegos que gozan de maior predicamento entre o público leitor, Manuel Rivas, desta volta como autor do guión adaptado da novela da súa autoría, Todo es silencio. Concorren tamén ao premio nesta categoría Fin, Invasor, Tengo Ganas de ti e Tadeo Jones.

Comentarios